Venres. 29.03.2024
El tiempo

211 autónom@s e empresas solicitaron as axudas do COVID do Concello da Laracha

Concello da Laracha xa en QPC
211 autónom@s e empresas solicitaron as axudas do COVID do Concello da Laracha

Cunha partida municipal de 220.143,94 euros o Concello da Laracha vai axudar aos 211 autónom@s e empresas que solicitaron as axudas municipais do fomento de emprego post-confinamento.

Nos próximos días os técnicos do Concello revisarán todas as solicitudes para comprobar que cumpren os criterios establecidos nas bases da convocatoria como paso previo á concesión das axudas.

Os beneficiarios percibirán ata un máximo de 2.100 euros, cunha contía fixa inicial de 600 euros que se incrementará en 300 euros máis por autónomo ou empregado ata o citado tope.

Novas relacionadas

Comentarios