Sábado. 19.09.2020
El tiempo

60 familias da Laracha concilian gracias á activa Aula Lúdica

O Concelo traballa para mellorar o servizo de madrugadores durante o curso escolar
60 familias da Laracha concilian gracias á activa Aula Lúdica

Uns 60 [email protected] de entre 3 e 12 anos (e sobre todo as súas familias), repartidos en 4 grupos, disfrutan diariamente este verán dos campamentos da Aula Lúdica da Laracha. Este servizo de conciliación da vida persoal, laboral e familiar é gratuíto para os beneficiarios, e funciona dende o 1 de xullo con horario de 9:0h a 14:00h.

Durante ese tempo, mentres as familias poden traballar, a rapazada realiza diversas actividades deportivas, culturais, educativas e recreativas adaptadas ás súas idades. Durante o verán empréganse as instalacións do CEIP Otero Pedrayo, que ofrecen unha maior comodidade ao dispoñer de máis amplitude.

Aula lúdica da Laracha

Servizo de madrugadores para o curso escolar

Paralelamente, o Concello tamén está a traballar na preparación de Madrugadores que se porá en marcha co inicio do curso escolar. Trátase do servizo de axuda á conciliación que permite levar aos alumnos ao seu centro de ensino antes do inicio das clases e, deste xeito, adaptarse ás necesidades dos pais que entran a traballar antes de que comece o horario lectivo.
Unha vez rematado o prazo de matrícula, a previsión é contar con preto de cen usuarios, dos cales máis de setenta serían alumnos do CEIP Otero Pedrayo e en torno a 22, do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

comentarios