Martes. 19.03.2024
El tiempo

Abre o Servizo de Atención Temperá na Laracha

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, acompañados por persoal técnico municipal, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa que prestará o servizo.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, acompañados por persoal técnico municipal, mantiveron onte unha reunión con representantes da empresa que prestará o servizo.
Abre o Servizo de Atención Temperá na Laracha

Importante é a data de hoxe en materia de educación na diversidade. O Concello da Laracha abre hoxe o novo Servizo de Atención Temperá, un programa que pretende dar resposta ás necesidades que poidan presentar os nenos de ata seis anos que presenten trastornos no desenvolvemento.

O Concello conta así cunha logopeda, unha psicopedagoga e unha mestra de educación especial para ofrecer unha intervención biopsicosocial que favoreza a adquisición ou a recuperación de funcións e de habilidades persoais e sociais dos nenos.

A clave é poder detectar esas dificultade en nen@s de 0 a 6 anos o ante posible para obter os mellores resultados da atención profesional e que redunden nun máis óptimo proceso evolutivo do cativo.

A derivación dos nenos ao servizo de atención temperá será a través dos servizos sociais municipais, aos que debe acudir a familia se sospeita que pode presentar un trastorno do desenvolvemento. Pódese solicitar cita previa chamando ao 981612811.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios