Domingo. 23.02.2020
El tiempo

Aínda quedan prazas dispoñibles para os cursos de informática da Laracha

Aínda quedan prazas dispoñibles para os cursos de informática da Laracha

A próxima semana está previsto que comecen cursos de informática para adultos do programa municipal de actividades de inverno que se van desenvolver no edificio de servizos múltiples da Laracha ata o mes de maio.

O curso de iniciación a internet, debido á alta demanda en edicións anteriores, ten dúas quendas que se celebrarán en horario de 19:30 a 21:00 horas os martes (primeira opción) e os venres (segunda opción), podendo escoller os participantes calquera das dúas.

Ademais, os mércores nese mesmo horario desenvolverase o curso sobre o paquete Office, no que se ensinará a empregar programas como o Word, Excel, Access e PowerPoint.

En todos os casos hai prazas dispoñibles, que se outorgarán por orde de inscrición no Concello da Laracha.

A cota de inscrición é de 20 euros para toda a duración de cada actividade, presentando descontos para maiores de 65 anos de idade, menores de 18, familias numerosas e aquelas familias nas que todos os seus membros se atopan en situación de desemprego. Cabe lembrar que se aplican reducións no prezo a partir da segunda actividade na que se inscriba unha mesma persoa.

comentarios