Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG da Laracha pide que a oposición poida aportar ideas para superar a crise

XOan Manoel Sande e sanitario no CS de Carballo e conta cunha das mascaras doadas polo IES MonteNeme
O voceiro do BNG de Laracha Xoan Manoel Sande é sanitario no Centro de Saúde de Carballo e conta cunha das mascaras doadas polo IES MonteNeme
O BNG da Laracha pide que a oposición poida aportar ideas para superar a crise

”Non é momento de facer política, é momento de sumarmos entre tod@s para axudar á veciñanza da Laracha a superar esta situación, e desde o BNG queremos achegar as nosas propostas”.

Así explica Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha, o sentir do grupo da oposición ante a situación política actual. Lamentan que desde o goberno municipal do Partido Popular “non se estea contando coa oposición nunha situación de emerxencia como a que vivimos na que entendemos que todas e todos debemos aportar as nosas propostas para intentarmos axudar a veciñanza da Laracha, debemos tod@s remar na mesma dirección e co mesmo obxectivo”.

Consideran que o BNG local ten demostrado, “nos 25 anos que levamos de representación na Corporación Municipal da Laracha, ser unha oposición construtiva”. E queren propoñer cousas como “implementar un servizo de impresión de documentación para o alumnado, axudas para o pequeno comercio local; a posibilidade de habilitar un espazo onde se poidan vender os productos do campo (xa que non pode haber feiras); ou tamén axudar aos produtores hortícolas locais a que poidan vender por internet como xa están facendo algúns concellos habilitando portais web para iso”.

Aproveitan para criticar o uso “misarábel uso do PP da CRTVG dun xeito absolutamente perverso como aparato de propaganda do Sr. Núñez Feijoo”.

Comentarios