Sábado. 15.08.2020
El tiempo

O CB Laracha prepara un verán cheo de baloncesto

Presentación dos campus de baloncesto
Presentación dos campus de baloncesto
O CB Laracha prepara un verán cheo de baloncesto

A Laracha acollerá tres campus de baloncesto este verán. O presidente e o secretario do Club Baloncesto Laracha, Eliseo Velo e Jesús Cabado, Pía Furelos en representación de Tiro Libre e Javier Cotelo como membro de +Talento, presentaron xunto ao alcalde, José Manuel López Varela, a edil responsable da área de Deportes, Patricia Bello, presentaron onte o programa.

+Talento

A proposta +Talento son xornadas de tecnificación avanzadas dirixidas a maiores de doce anos de idade. Os participantes poderán mellorar as súas capacidades neste deporte con tres sesións de seis horas de duración cada unha nas que a metodoloxía destaca pola súa personalización ao ter un número reducido de participantes e amplo de adestradores. Para a primeira fin de semana (do 10 ao 12 de xullo) xa están todas as prazas completas. Aínda hai dispoñibles nas xornadas da fin de semana do 17 ao 19 de xullo.

As inscricións poden realizarse na web www.mastalentobaloncesto.com.

Tiro Libre

Por outra parte, na semana do 13 ao 17 de xullo a entidade Tiro Libre –tenda de baloncesto e organizadora de eventos- propón adestramentos específicos para persoas de todas as idades, desde categoría mini ata sénior, a desenvolver no pavillón Municipal da Laracha. As xornadas, a realizar en horario de mañá, incluirán preparación física e técnica individual co emprego dunha máquina de tiro. Pódese ampliar información e inscribirse en www.tirolibresantiago.com/workout. Os organizadores contemplan descontos para xogadores do C.B. Laracha.

Campus do CB Laracha

A última das iniciativas é a terceira edición do campus que organiza o Club Baloncesto Laracha, dirixido a rapaces de entre 6 e 15 anos de idade e que se vai realizar no pavillón do IES Agra de Leborís entre o 3 e o 7 de agosto en horario de 10:30 a 12:30 horas. O campus estará a cargo dos adestradores Basilio Pampín, Sito Cabado, Irene Velo, Roi Vega e Javi Cotelo. Hay vinte e catro prazas dispoñibles. A inscrición xa está aberta e debe realizarse contactando co club.

comentarios