Martes. 26.01.2021
El tiempo

O CB Laracha seguirá xestionando as Escolas Deportivas Municipais

Imaxe do campus deste veran no CB Laracha
Imaxe do campus deste veran no CB Laracha
O CB Laracha seguirá xestionando as Escolas Deportivas Municipais

Concello e club asinaron un convenio onte para a renovación da xestión das Escolas Deportiva Municipais. O CB Laracha recibirá 8.000 euros, ademais dos 5.000 euros da liña de axudas por concorrencia competitiva.

O Club conta con 120 licencias federativas e está comezando a competición. A pasada fin de semana debutan os sénior, e esta vindeira fano as infantís de Liga Galega. O resto de categorías base, que xa están adestrando, teñen previsto iniciar a competición no mes de xaneiro.
A actividade do C.B. Laracha –partidos como local e adestramentos- desenvólvese nos pavillóns Municipal da Laracha, IES Agra de Leborís e CEIP Otero Pedrayo que o Concello pon a disposición do club de xeito gratuíto.

Na sinatura estiveron o alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e Eliseo Velo presidente do Club Baloncesto Laracha, e aconcelleira de Deportes, Patricia Bello.

comentarios