Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Cole de Paisaco traslada as necesidades ao alcalde de cara ao vindeiro curso

O Cole de Paisaco traslada as necesidades ao alcalde de cara ao vindeiro curso
Este pasado venres, o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Ensino, Patricia Bello, mantiveron unha reunión coa directora do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, Agripina Alfeirán, para analizar as principais necesidades que presentará o colexio de cara ao inicio do próximo curso escolar.

Unha rolda que continuarán cos dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha e Caión.

Obras

A visita ademais serviu para ver como ían as obras mellora das fachadas dos dous edificios do centro educativo, nas que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, inviste máis de 23.000 euros na súa impermeabilización cun sistema de illamento térmico para o exterior (SATE). Estas actuacións que están moi avanzadas e que se culminarán posteriormente co pintado exterior. A Xunta tamén procedeu á substitución da porta traseira do edificio principal do colexio.
Ademais, durante verán o Concello acometerá a mellora da cuberta da pasarela que comunica os dous edificios deste centro educativo.

Comentarios