Martes. 02.03.2021
El tiempo

Comezou a campaña de poda na Laracha

Comezou a campaña de poda na Laracha

As árbores do campo da feira de Paiosaco e da Avenida da Laracha foron as primeiras en pasar pola peluquería. O Concello arrincou así a campaña de poda, da man da empresa concesionaria do servizo de mantemento de zonas verdes, Jardinería Arce.

Os traballos, que inclúen a retirada e transporte das polas para a súa posterior eliminación, comezaron a desenvolverse no campo da feira de Paiosaco e tamén na Avenida Fisterra da Laracha á altura das Torres de Cillobre. Estes mesmos labores realizaranse, a continuación, en varios puntos da capital municipal como as prazas Maximino Canedo e Silverio Moreda (a que alberga a igrexa parroquial), na praza da Areosa en Vilaño, no entorno do museo de Golmar e noutras zonas públicas do municipio, tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias rurais, nas que se considere oportuno a realización das actuacións.

comentarios