Martes. 16.04.2024
El tiempo

Continúan as obras de mellora de acceso á praia de Caión

Obras acceso praia de Caion
Continúan as obras de mellora de acceso á praia de Caión

Volveron as obras a Laracha, e neste momento están coa mellora dos accesos á praia de Caión. A día de hoxe traballan na creación da beirarrúa (posteriormente traballarase na zona de circulación dos vehículos cun novo pavimentado), de 250 metros de lonxitude que comunicará o acceso principal ao areal co cruce da Avenida da Laracha.

As obras mellorarán as comunicacións en dirección entrada e saída á praia, polo que se evitará ter que desviar o tráfico en temporada alta por A Pedreira, coas molestias que supoñía para os residentes nese núcleo de poboación.

Reparto de material de prevención

Comeza este mércores o reparto de material de prevención. Protección Civil da Laracha xa leva kits de prevención formados por tres mascarillas e outros tantos pares de guantes nas vivendas habitadas da parroquia de Lestón, incluído o núcleo urbano de Paiosaco. Farase despois de que esta tarde chegase a última remesa do material adquirido polo Concello da Laracha.
A continuación, en cada establecemento comercial que mantén a actividade durante o estado de alarma o Concello da Laracha entregará tres mascarillas por traballador.

Ademais, o Concello tamén pon mascarillas a disposición dos autónomos ou empresarios laracheses que están traballando pero sen ter un local no que realizar a entrega.

Novas relacionadas

Comentarios