Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Dous feridos graves tras un accidente frontal entre Laracha e Carballo

Helicoptero do 061 na Laracha
Helicoptero do 061 no accidente entre Laracha e Carballo
Dous feridos graves tras un accidente frontal entre Laracha e Carballo

Este pasado martes, arredor das 19:00h, tiña lugar un accidente na AC-552, no límite entre Carballo e A Laracha. Foi un choque frontal na recta de despois da Bértoa, no punto quilométrico 27, en Bértoa.

Foi unha intervención longa, e foi precisa a intervención do material de excarceración para liberar aos dous condutores, que quedaron atrapados no interior de ambos vehículos tras o impacto. Así o relataron os Bombeiros de Carballo ao 112 Galicia despois de excarcerar aos feridos.

Ata 3 ambulancias, o equipo médico do PAC, e o helicóptero medicalizado do 061 tiveron que achegarse ao lugar para estabilizar e trasladar aos feridos ao centro hospitalario de referencia.

Tamén participaron no operativo axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, os xestores do 112 solicitaron a colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargaron das tarefas de limpeza da vía.

Comentarios