Luns. 19.10.2020
El tiempo

Dúas persoas detidas, de Laxe e A Laracha, por triplicar a tasa máxima de alcoholemia permitida

Dúas persoas detidas, de Laxe e A Laracha, por triplicar a tasa máxima de alcoholemia permitida

A semana pasada era un home o que multiplicaba por 5 a tasa máxima de alcoholemia. Estes días a Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Corcubión e a Policía Local da Laracha investigaron dúas persoas que triplicaban a devandita tasa.

Foi en Zas, na estrada DP-4001, cando un veciño de Laxe sufría unha saída da vía co seu “cuatriciclo” ou “coche sen carnet”. Acodía a Garda Civil que comprobaba que o condutor ofrecía síntomas claros de estar baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que lle realizaron a proba, triplicando a tasa máxima, procedendo á súa investigación por un presunto autor dun delito contra a seguridade vial.

Paralelamente, a noite do pasado venres, a Policía Local da Laracha tamén instruía dilixencias por delito contra a seguridade viaria a unha condutora que triplicou a taxa de alcoholemia. Os locais interceptaron ao vehículo no casco urbano da Laracha (Avenida Fisterra), dando un resultado de 0,80 miligramos por litro de aire expirado cando o máximo permitido é de 0,25.

A Garda Civil aprehendió 14 kilogramos de percebes en Carballo

Completando a serie de actuacións policiais destes días, apuntamos que a a Garda Civil do Posto Principal de Carballo incautou 14 kilogramos de percebes na praia de Arnela- Baldaio. A Garda Civil procedieu á detención desta persoa en cumprimento da resolución xudicial, poniéndola, xunto coas actuacións, a disposición do citado Oúrgano Xudicial.

Novas relacionadas

comentarios