Domingo. 18.04.2021
El tiempo

Final feliz para Curro: o papagaio que logrou mobilizar unha comarca

O papagaio apareceu san e salvo tras 10 días desaparecido
Curro o papagaio da Laracha volve a casa
Curro volveu a súa casa na Laracha
Final feliz para Curro: o papagaio que logrou mobilizar unha comarca

O pasado luns cumpríase unha semana sen ter noticias de Curro. A propietaria e os seus achegados, xa case perderan a esperanza de atopalo. As baixas temperaturas e a existencia de animais salvaxes facianlles temer o peor. A xente compartía a nova, aparecían posibles Curros en distintos puntos de Galicia (dende Corme ata Vilalba) pero ningún era el. O paso dos días sen novas pistas dificultáballes cada vez máis pensar en volver a velo.Hai que ter en conta que falamos dun animal domesticado e que non está acostumado a vivir en liberdade.

Sen embargo Curro ademais dun gran espírito aventureiro demostrou ter tamén un gran instinto de supervivencia. Este martes unha parexa que se atopaba paseando por Bértoa escoitou como unha voz cun tono agudo e apremiante os saúdaba insistentemente dende o alto dunha árbore. Ao mirar cara arriba descubriron a un asustado Curro, ao que só pudieron gravar pois non se deixaba coller. Tras comprobar que se trataba de Curro a familia inmediatamente se transladou ao lugar sinalado pero cando chegaron ao lugar Curro xa voara.

Felices de saber que estaba ben e cun sentimento de esperanza renovada voltaron á casa. Sen embargo a búsqueda seguía, Curro estaba localizado pero non voltara á casa, aspecto que tiveron que matizar moito nas redes. Curro non parecía poñérllelo fácil.

Afortunadamente, o calvario da familia finalizaba este xoves, cando ás 17h da tarde se presentaba un señor na casa de Carmen para traerlle ao mesmísimo Curro! O señor explicou que cachara a Curro comendo millo no seu alpendre de 0za! 12 km separaban a Curro do seu fogar! Cando o viu decatouse de que era o paxaro que saia nos xornais e na televisión e sabedor dos súas dotes para o escapismo, atrapouno cunha saba e levouno de volta ao seu fogar.

A familia de Curro non daban creto. Alí estaba, ante eles, o galopín que lles fixera movilizar a comarca para atopalo! E parecía traer moitas novas que contar pois non paraba de falar. Non había palabras para expresar como a preocupación que sentiran por temer non volver a velo se transformaba nunha alegría inmensa por telo na casa, despois de tantos días desaparecido. Mentres todos o miraban en silencio, Curro seguía a falar, facendo as delicias dos que o escoitaban.

Tantos días fóra da casa fixeron que ademais trouxese moita fame. De momento non cantou ningunha das súas cancións, pero seguro que pronto volverá a deleitar aos habitantes de Vilaño coas súas tan especiais versións. A familia de Carmen está moi feliz de que o retorno Curro trouxese de volta tamén a alegría de Carmen, e agradece profundamente que a ciudadanía se involucrase tanto na busca de Curro.

Dende aquí alegrámonos de corazón de poder anunciar que, pese aos días tan duros que pasaron os dous , Carmen e Curro por fin volven estar xuntos.

Novas relacionadas

comentarios