Mércores. 29.01.2020
El tiempo

Acometerán os labores de xestión da biomasa nas liñas externas de distribución de enerxía na Laracha

Acometerán os labores de xestión da biomasa nas liñas externas de distribución de enerxía na Laracha

O Grupo Naturgy vén de comunicar ao Concello da Laracha que nos próximo días procederá a acometer as operacións de xestión da biomasa na franxa de cinco metros da proxección dos condutores eléctricos externos. Farase en cumprimento da Lei de Montes de Galicia e en prevención e defensa contra os incendios forestais.

Na comunicación indícase que os propietarios dos terreos nos que se sitúan ditas infraestruturas teñen un prazo de quince días para que, en caso de que o consideren oportuno, realicen previamente os labores de xestión de biomasa que estimen conveniente antes de que o Grupo Naturgy proceda á execución das actuacións anunciadas.

Os planos do trazado das liñas onde se vai actuar poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello da Laracha.

Comentarios