Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Laracha acolle unha sesión informativa sobre a Nova Tarifa Eléctrica

Nova tarifa electrica copia
A Laracha acolle unha sesión informativa sobre a Nova Tarifa Eléctrica

A Casa da Cultura da Laracha acollerá o xoves 23 de setembro a partir das 20:00 horas unha sesión informativa sobre a nova tarifa
eléctrica que estará aberta a todos os públicos.

Esta iniciativa forma parte da campaña que está a desenvolver a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), co propósito de asesorar á cidadanía en relación aos últimos cambios normativos e que os consumidores laracheses dispoñan da información necesaria para aforrar na factura da luz tendo en conta os tres períodos horarios que contempla a tarifa en vigor.
O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar o aforo máximo da Casa da Cultura.

Comentarios