Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Laracha acollerá un curso de defensa persoal para mulleres durante o mes de marzo

  • Os sábados 7, 14, 21 e 28, con sesións de dúas horas de duración cada unha.

  • A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres (CIM).

A Laracha acollerá un curso de defensa persoal para mulleres durante o mes de marzo

O Concello da Laracha, coa colaboración do club Amigos del Judo da Laracha, organiza o curso de defensa persoal para mulleres que se desenvolverá durante o mes de marzo. Constará de catro sesións de dúas horas de duración cada unha a desenvolver os sábados 7, 14, 21 e 28 entre as 17:00 e as 19:00.

A defensa persoal é un instrumento de formación e aplicación física que comprende un conxunto de coñecementos, actitudes, habilidades e técnicas corporais dirixidas a prever, avaliar e actuar en consecuencia ante situacións de ameaza, conflito ou agresión. O curso que se desenvolverá na Laracha, que será impartido por instrutores pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, abarcará contidos relacionados con aspectos psicolóxicos, legais, estratéxicos e físicos. En definitiva, formarase ás participantes para que adquiran coñecementos, habilidades e recursos físicos simples, útiles e prácticos para que nunha situación de risco saiban que facer e como facelo.

A iniciativa vai dirixida a mulleres maiores de catorce anos de idade. A inscrición é gratuíta e debe formalizarse no Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, situado no edificio administrativo.

Curso de defensa persoal 1

0002 (8)

0003 (1)

Comentarios