Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Laracha aproba o novo regulamento de venda ambulante para ordear as feiras

Feira de Paiosaco en tempos de prepandemia
Feira de Paiosaco en tempos de prepandemia
Laracha aproba o novo regulamento de venda ambulante para ordear as feiras

Para ter unha mellor organización na feira de Paiosaco que se desenvolve o primeiro e terceiro domingo de cada mes, e tamén no mercadillo dos luns en Caión, o Concello da Laracha vén de aprobar un novo regulamento municipal de venda ambulante. Tras superarse o periodo de alegacións, entrará en vigor 15 días hábiles despois da publicación o pasado martes 20 de xullo, no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Así, será máis doado realizar o procedemento de concesión dos postos, o cambio de titularidade, a identificación dos comerciantes e os requisitos necesarios para exercer a venda. Ademais, quedan establecidas multas aos titulares de postos que non os manteñan nun correcto estado de limpeza tralo remate das xornadas de feira.

O regulamento non considera como venda ambulante a venda directa de produtos agrícolas de temporada exercida polos propios agricultores, polo que se lles continuará permitindo o uso libre e gratuíto dos postos na feira de Paiosaco.

Xardinería

O Concello está a instalar xardineiras nas beirarrúas a ambas marxes da Avenida Fisterra – tramo da estrada AC-552 ao seu paso pola capital municipal- co propósito de facer eses espazos máis acolledores para a cidadanía.

Comentarios