Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laracha condona o pagamento do primeiro semestre da taxa dos postos da feira de Paisaco

Domingo de feria en Paiosaco
Domingo de feria en Paiosaco
Laracha condona o pagamento do primeiro semestre da taxa dos postos da feira de Paisaco

Unha das medidas económicas do Concello da Laracha apra paliar a crise económica provocada polo covid-19 é a condonación da taxa do primeiro semestre do ano aos postos fixos de venda no campo da feira de Paiosaco, pechada dende o 15 de marzo. Por tanto, non se emitirán os recibos correspondentes aos seis meses entre xaneiro e xuño aos comerciantes que teñen asignados os 470 postos permanentes do recinto.

Permitida a entrega de produtos listos para o seu consumo nos establecementos hostaleiros

Por outra banda, e despois de que profesionais do sector nos trasladasen as súas dúbidas ao respecto, o Concello informa que no termo municipal da Laracha permítese a recollida nos establecementos hostaleiros de produtos de alimentación listos para o seu consumo.

Os locais que realicen esa actividade deben impedir que se consuman ditos alimentos no establecemento e garantir que se adopten as medidas necesarias de saúde e hixiene entre os empregados e clientes e entre os clientes entre asi, tales como limitar o aforo, manter a distancia social dun mínimo dun metro e empregar guantes na entrega, etc.

Comentarios