Martes. 14.07.2020
El tiempo

Laracha e a Fundación Mujeres ofrecen un obradoiro online de autocoidado e xestión do tempo

Laracha e a Fundación Mujeres ofrecen un obradoiro online de autocoidado e xestión do tempo
O Concello da Laracha e a Fundación Mujeres organizan un obradoiro sobre diversas temáticas que se desenvolverán en liña e que se oferta de xeito gratuíto a todas as mulleres empadroadas no termo municipal da Laracha.

A temática centrarase en cuestións dirixidas a mellorar a calidade de vida das participantes e versará sobre tres aspectos fundamentais como son o autocoidado, a alimentación saudable e a xestión do tempo neste momento de pandemia.

As catro sesións impartiranse os luns 22 e 29 de xuño e 6 e 13 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas, requiríndose conexión a internet a través de teléfono móbil, tablet ou ordenador.

As mulleres interesadas en participar deben inscribirse de xeito gratuíto chamando ao 981612811 de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou enviando un correo electrónico a [email protected] O prazo remata o 5 de xuño.

comentarios