Venres. 10.07.2020
El tiempo

A Laracha ofrecerá dous cursos sobre emprego e emprendemento dirixidos a mulleres

A Laracha ofrecerá dous cursos sobre emprego e emprendemento dirixidos a mulleres

A colaboración entre o Concello e a Fundación Mujeres posibilitará que A Laracha acolla en febreiro e marzo dúas iniciativas dirixidas a mulleres e que teñen por finalidade potenciar o emprendemento e mellorar as competencias das participantes na busca activa de emprego.

Do 26 de febreiro ao 5 de marzo impartirase na aula de informática do edificio de servizos múltiples da Laracha o programa de formación para o empoderamento de mulleres para o emprego, no que se require que as asistentes teñan coñecementos básicos previos sobre o emprego do ordenador e internet. Serán cinco sesións de catro horas de duración cada unha (de 9:30 a 13:30 horas) nas que as participantes recibirán formación en diferentes aspectos relacionados coa busca de emprego na rede, mellorando as súas habilidades e competencias dixitais e aproveitando os recursos que ofrece internet na procura dun posto de traballo.

taller laracha2

Ademais, os días 25 e 26 de marzo estará na Laracha a Gira Mujeres, consistente nun obradoiro presencial de dez horas de duración (dúas sesións de cinco horas cada unha) dirixido a mulleres empresarias ou que se atopen en situación de desemprego e sexan emprendedoras. O obxectivo da iniciativa é que coñezan as posibilidades de éxito da súa idea e poidan madurar o proxecto de negocio.

taller Laracha

En ambos casos a inscrición e gratuíta e debe formalizarse previamente no departamento de orientación laboral (edificio administrativo da Laracha).

comentarios