Sábado. 06.06.2020
El tiempo

Laracha pecha o curso económico 2019 cun remanente de máis de 3 millóns de euros

Laracha pecha o curso económico 2019 cun remanente de máis de 3 millóns de euros

Non para a contabilidade no Concello da Laracha, que onte enviaba o informe da liquidación do exercicio económico 2019. O orzamento do ano pásado péchase en 10.340.781,41 euros no capítulo de ingresos e de 9.638.053,33 euros nos gastos, aproximándose ambas cifras ás previsións iniciais no momento da aprobación dos presupostos a finais do ano 2018. Por tanto, o resutado orzamentario sitúase en positivo, nos 702.728,08 euros.

Aseguran que cupriron os prezos de pago, e que fixaron 5 liñas: o esforzo na mellora das infraestruturas de titularidade municipal, a cobertura en servizos sociais, os programas de promoción do emprego, o apoio ao asociacionismo e a colaboración cos estudantes e as súas familias.

Se no 2018 o Concello tivo que tirar de remanente, este 2019 mantivo a regla de gasto. Así, o o estado do remanente de tesourería sitúase nos 3.273.596,95. No caso de que sexa necesario, o Concello poderá dispoñer de parte desa cantidade para o financiamento de gastos xerais e investimentos ao longo deste ano 2020.

comentarios