Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Laracha prepárase para o Autocine

Autocine Maria Solinha na Laracha
A Laracha prepárase para o Autocine

Chega, por primeira vez á Laracha, o Autocine. A gran pantalla instalarase na praza Olonne sur Mer e o vindeiro venres 21 de maio ás 22:00 horas aparecerán as primeiras imxes do filme galego María Solinha

O filme conta cun elenco galego de luxo no que destacan as figuras de Mabel Rivera, Antonio Durán “Morris”, Santi Prego, Grial Montes e Laura Míguez. Antes do comezo da proxección o director da película, Ignacio Vilar, fará unha presentación da mesma.

Para poder asistir co vehículo ao recinto no que se proxectará María Solinha requirirase dunha entrada virtual que pode obterse de xeito gratuíto na web www.autocine.gal.

Ademais da proxección deste venres, como actividade complementaria, a produtora Vía Láctea Filmes realizou co alumnado do IES Agra de Leborís unha unidade didáctica sobre a muller arredor do filme María Solinha.

Comentarios