Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laracha realizará un investimento de 1,2 millóns de euros para modificar as luminarias do eido industrial

Obras aparcamento público Inditex no poligono da Laracha
Obras aparcamento público Inditex no poligono da Laracha
Laracha realizará un investimento de 1,2 millóns de euros para modificar as luminarias do eido industrial

Varias novas do eido industrial as que atinxen nos últimos días ao Concello da Laracha.

Reabre o punto limpo

O luns 4 de maio as instalacións do punto limpo da Laracha, situadas a carón da estrada DP-2404 en O Formigueiro, xunto á depuradora, volverán a abrir ao público. O horario de atención será o mesmo que antes de decretarse o estado de alarma:

  • Luns de 15:00 a 20:00 horas.
  • Mércores e venres de 16:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 9:00 a 14:00 horas.

Cabe lembrar que o servizo de recollida a domicilio de voluminosos sempre estivo operativo os mércores, xoves e venres de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao 981971100 ou 647763276 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

Mellora da eficiencia enerxética no parque empresarial

A próxima semana, previsiblemente o luns, empezarán a executarse os traballos de substitución das 283 luminarias do alumeado público do ámbito do parque empresarial da Laracha por outras LED de última xeración. Trátase dun dos cinco proxectos de mellora da eficiencia enerxética que son financiados co apoio do “Instituto para la Diversificación y ahorro de la Energía (IDAE)” e que cuxa execución tivo que aprazarse debido á alerta sanitaria.

O proxecto que xa está rematado e certificado é o referido aos pavillóns municipais. Os outros tres que restarían por executarse afectará aos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión (1.397 luminarias), aos máis de trescentos núcleos rurais do termo municipal (2.493 luminarias) e aos edificios públicos.

En total son 1,2 millóns de euros, sendo o 20% financiado polo Concello.

Nova nave no parque

Mentres Inditex avanza na construción do aparcamento público que está a crear no polígono de acordo ao convenio subscrito co Concello, novas empresas achéganse á zona. O último pleno serviu para conceder a licenza urbanística solicitada por unha empresa para construír unha nave industrial no ámbito do polígono.

Comentarios