Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Laracha subvenciona con ata 2.100€ a autónomos e empresas afectados polo covid

Concello da Laracha xa en QPC
Laracha subvenciona con ata 2.100€ a autónomos e empresas afectados polo covid

Nos vindeiros días publicaranse no BOP as bases do Plan de axudas que o Concello da Laracha vai afrontar para axudar a paliar a crise. Un programa que conta con máis de 220.000 euros, dirixido a empresarios e autónomos que foran obrigados a suspender a apertura ao público ou que sufriran minoración da súa facturación debido ao decreto do estado de alarma do pasado 14 de marzo.

Este plan municipal de axuda ao fomento do emprego subvencionará con ata un máximo de 2.100 euros a cada beneficiario, cunha contía fixa inicial de 600 euros que se incrementará en 300 euros máis por autónomo ou empregado ata o citado tope.

Reactívase a Zona Azul

O luns (22 de xuño) reactivarase a zona azul gratuíta tanto na Avenida Fisterra como na rúa Santa Lucía, ambas na capital municipal. Por tanto, xa desde o primeiro día da próxima semana volverá restrinxirse a noventa minutos o tempo máximo de estacionamento dos vehículos. Para cumprir a normativa deberase indicar a hora de chegada nun lugar visible e por calquera medio nas prazas de aparcamento marcadas en cor azul.
A medida estará vixente de luns a venres pola mañá en horario de 9:00 a 15:30 horas.

Novas relacionadas

Comentarios