Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Melloras na contorna de Caión e no campo de a Porta Santa

Melloras na contorna de Caión e no campo de a Porta Santa

Estes días, as brigadas municipais de conservación e mantemento dos entornos medioambientais do Concello da laracha están a realizar unha ampla e completa actuación de desbroce e limpeza de vexetación no entorno da praia de Caión e tamén no Sendeiro de Saldoiro, o tramo do paseo marítimo que vai desde o acceso principal ao areal ata o arroio Figueirido e que conta co distintivo de Sendeiro Azul.
A intervención afecta, en total, a unha superficie de terreo público próxima aos 50.000 metros cadrados e acométese nestas datas ante a previsión de maior afluencia de visitantes á vila na ponte de San Xosé (19 de marzo) e na Semana Santa (última semana de marzo e primeira de abril).

Novo local na Porta Santa

Ademais, o Concello está realizando unhas obras para crear un novo local no campo de fútbol municipal A Porta Santa de Paiosaco. Será unha sala de 24 metros cadrados para sala de masaxe e fisioterapia.
O investimento desta actuación superará os 17.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

Comentarios