Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Melloras no saneamento da parroquia de Cabovilaño

O alcalde, José Manuel López Varela, e o edil de Obras, Jesús Souto achegáronse ás obras
Melloras no saneamento da parroquia de Cabovilaño

Que importantes son as obras de saneamento nas parroquias da comarca. Así o entende o Concello da Laracha que está a instalar unha nova estación de bombeo no lugar de O Vilar, na parroquia de Cabovilaño, que derivará as augas residuais da zona (procedentes dos núcleos de Nogán, O Cuartel, O Igrexario e O Vilar) á rede que está conectada coa depuradora de O Chamusco.

O proxecto, valorado en 40.000 euros, finánciase integramente con fondos municipais, co que se mellora o tratamento das augas residuais eliminando a antiga fosa séptica existente no lugar da intervención e facendo máis segura a rede de sumidoiros neste entorno.

Comentarios