Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nova visita para mellorar as instalacións escolares da Laracha, Paisaco e Caión

80 persoas participaron noa proba da oposición dun auxiliar administrativo
2021.05.26.- Indalecio Cabana no CEIP Otero Pedrayo
Indalecio Cabana no CEIP Otero Pedrayo
Nova visita para mellorar as instalacións escolares da Laracha, Paisaco e Caión

O Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, pasou onte por Laracha para para visitar os colexios da capital municipal e de Paiosaco. No CEIP Otero Pedrayo coñeceu a nova biblioteca do colexio trala súa reestruturación, proxecto que foi cofinanciado pola Xunta de Galicia, o Concello e o propio centro.

O centro mantense pendente do procedemento de expropiación dos terreos afectados pola segunda fase de ampliación dos equipamentos deste colexio que se atopa actualmente en trámite. O Concello investirá máis de 81.000 euros na adquisición dunha superficie de 13.761 metros cadrados que permitirán aumentar a superficie vinculada ao CEIP Otero Pedrayo para equipamentos deportivos ou educativos, ademais de aumentar a seguridade viaria na zona coa ampliación da rúa José Añón e a creación de beirarrúas e dunha zona de aparcamento para autobuses do transporte escolar.

No CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco a Xunta realizará unha intervención para mellorar as condicións da cuberta da pasarela que comunica os dous edificios do colexio.

A visita serviu para lembrarlle as promesas realizadas en marzo: a mellora peche perimetral do CEIP de Caión no último tramo no que resta por intervir despois da rehabilitación realizada polo Concello e pola Consellería de Educación no sector do acceso principal e tamén no que bordea a pista polideportiva e o parque infantil.

Probas

O pavillón Municipal da Laracha acolleu hoxe a proba da fase de oposición do procedemento de selección do auxiliar administrativo que o Concello incorporará como funcionario interino. Das 117 inscritas presentáronse ao exame 80. Como medida de seguridade, o acceso ao recinto realizouse de xeito gradual para evitar aglomeracións e no interior do pavillón as mesas gardaron a distancia interpersoal de 1,5 metros.

Ademais do exame realizado hoxe, consistente nunha proba tipo test de cincuenta preguntas, ao tratarse dunha selección de persoal polo sistema de concurso-oposición tamén se terá en conta a valoración de méritos de cada opositor, cuxa táboa pode consultarse na web municipal www.alaracha.gal.

Novas relacionadas

Comentarios