Sábado. 20.04.2024
El tiempo

De obras, pistas e locais pola Laracha

Pista de Padel da Laracha copia
Así queda a pista de Pádel da Laracha coas melloras nas cubertas laterais
De obras, pistas e locais pola Laracha

Varias novidades anunciaba esta fin de semana o Concello da Laracha.

Ampliación da estrada Bos Aires-O Pereiro

Avanzan os procesos de contratación das obras de ampliación da estrada que comunica os núcleos de Bos Aires e O Pereiro (que forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo) así como da renovación integral da rúa Silverio Moreda, no casco urbano da Laracha (que porá sentido único na vía). Son dúas obras por un investimento de 329.000 ao que, unha vez concluído o prazo de presentación de ofertas, son 16 as empresas que presentaron propostas.

2021.06.12.- Rúa Silverio Moreda

Reabertas as pistas de Pádel

Xa están abertas as pistas de pádel do complexo deportivo municipal da Laracha volven estar tralo remate das obras de mellora.

Os usuarios poden facer as súas reservas no Concello, ben acudindo á Casa Consistorial ou vía telefónica chamando ao 981605001. O prezo é de 9 euros por hora e media de uso.

Tamén se vai realizar unha intervención no pavillón polideportivo dirixida a renovar a cuberta e os canalóns, incluíndo ademais o pintado dos muros tanto no interior como no exterior. O investimento total alcanza os 80.000 euros a cofinanciar entre o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral Para o Deporte.

Novo local na Porta Santa

Tamén en clave deportiva, o Concello fixo entrega á familia da Unión Deportiva Paiosaco das chaves do novo local que o Concello realizou no campo da Porta Santa. Son 30 metros cadrados que será empregado como sala de masaxes e fisioterapia.


O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, entregou ao presidente da Unión Deportiva Paiosaco, Carlos García, as chaves do novo local

Moción do PSOE

María Palomi Rodríguez Castiñeira, voceira do Grupo Municipal Socialista presentou unha moción con varias preguntas sobre os novos límites de velocidade en vías urbanas. “Se ben xa se ven pintadas no asfalto algunha adaptada á nova normativa (na rúa Arxentina, rúa Manuel Fraga Iribarne), lembrar que a sinalización vertical é máis visible que a horizontal e preferente sobre esta”, sinala a voceira da oposición.

Comentarios