Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Piden unha plataforma municipal de venda online para o comercio e a hostalería da Laracha

Floristeria Churima da Laracha
Escaparate da Floristeria Churima da Laracha
Piden unha plataforma municipal de venda online para o comercio e a hostalería da Laracha

Foi iniciativa en varios Concellos da comarca, e en Laracha, o PSOE local quere probar tamén, polo que pedirá cunha moción en pleno a creación dunha plataforma de venda online por parte do Concello da Laracha para a revitalización do comercio local.

Entendenque o aumento das compras por internet ten que supoñer unha oportunidade para os nosos comercios, que se teñen que adaptar á nova realidade. E nese sentido o Concello ten que “impulsar medidas de estímulo económico que amortigüen o grave impacto desta crise”.

Tendo en conta que “o comercio local e de proximidade na Laracha permanece aínda alleo na súa grande maioría ás posibilidades de venda que se abren a través de internet” pide ao concello “ “facilitar a innovación e dixitalización e a interacción comercio-cliente a través da participación cidadán, co obxecto de dar un impulso ao tecido empresarial do noso municipio que axude a paliar os efectos da COVID-19”.

Comentarios