Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Policía Local da Laracha denunciará a sete menores por facer botellón en Gabenlle

Área Recreativa de Gabenlle.
A Área Recreativa de Gabenlle é dos fermosos Recunchos da Costa
A Policía Local da Laracha denunciará a sete menores por facer botellón en Gabenlle

Estanse multiplicando as denuncias dos botellóns que protagoniza a mocidade de toda a comarca, tralos que adoitan deixar todas as botellas ciscadas. Por Carnota vimos como a Policía Local localizaba un grupo de rapaces e lles facía recoller a desfeita. Pola Laracha, a Policía Local decidiu denuncialos.

Aconteceu este pasado xoves pola tarde, pasadas as 19:20h, cando un veciño avisaba ao corpo de seguridade de que un grupo de mozos e mozas facían botellón na área recreativa de Gabenlle. Tras comprobar que estaban a incumprir a normativa vixente en materia de consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, os efectivos do corpo de seguridade municipal procederon á identificación destas sete persoas, que resultaron ser menores de idade, e a realizar a correspondente acta de denuncia.

O Concello da Laracha solicita a colaboración cidadá e apela á responsabilidade persoal para preservar os espazos públicos como lugares de convivencia e civismo, máis aínda nunha época como a actual na que é preciso extremar as medidas de seguridade.

Comentarios