Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Policía Local da Laracha puxo 37 denuncuas por incumprir as restricións

Saltarse o peche perimetral, non usar máscara, fumar na vía pública e os grupos de persoas non convivintes foron as causas principais.
Edificio Administrativo onde esta a sede da Policia Local da Laracha
Edificio Administrativo onde esta a sede da Policia Local da Laracha
A Policía Local da Laracha puxo 37 denuncuas por incumprir as restricións

Segue a Policía Local da Laracha facendo cumplir as normas de seguridade impostas polo confinamento perimetral. Se a semana pasada relataban a as multas por facer botellón e por saltar o peche perimetral, esta semana intensificaron o seu labor de control.

Lembran que a Laracha está pechada co resto da comarca de Bergantiños (é dicir, si se pode transitar pola comarca), pero está prohibida a mobilidade das persoas, salvo por casos debidamente xustificados, nos límites cos concellos de Arteixo, Cerceda e Culleredo. Ademais recordan a limitación das agrupacións exclusivamente a persoas convivintes e o peche da hostalería.

Así, durante o sábado e o domingo, tramitaron 37 denuncias. Os principais incumprimentos detectados consistiron en saltarse o peche perimetral, atoparse en espazos públicos sen empregar a máscara, fumar na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e as xuntanzas de persoas non convivintes.

Tamén interceptaron dous condutores que deron positivo por consumo de drogas e outros dous que superaron a taxa de alcohol permitida na proba de aire expirado.

Novas relacionadas

Comentarios