Sábado. 15.08.2020
El tiempo

A Porta Santa contará cun parque biosaudable

Agader aprobou a axuda para as obras de mellora da estrada entre Santa Margarida e a Silva
O novo parque biosaudable estará ao carón do Centro sociocultural da Porta Santa, en Paiosaco
O novo parque biosaudable estará ao carón do Centro sociocultural da Porta Santa, en Paiosaco
A Porta Santa contará cun parque biosaudable

O Concello da Laracha vén de anunciar a creación do seu quinto parque biosaudable para uso público, que se ubicará na Porta Santa, ao carón do Centro Sociocultural de Paisaco.

Este parque que serve para invitar aos maiores a manterse activos, completa os catro que están operativos actualmente sitúanse na área recreativa de Gabenlle, parque Maximino Canedo (A Laracha), paseo marítimo de Caión e urbanización Monte Claro (Cabovilaño).

Mellora da estrada entre Santa Margarida e a Silva

Foi aprobaba pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a concesión da achega económica para a execución do proxecto de mellora da estrada da parroquia de Montemaior que vai desde Santa Margarida á Silva.

Por tanto, nos próximos días o Concello da Laracha iniciará o procedemento de contratación deste proxecto que consiste na completa renovación do firme desta vía, que é de gran importancia ao comunicar as fincas agrícolas desa zona coa estrada DP-2404 que dirixe á Silva (concello de Cerceda) e dar tamén acceso ao termo municipal de Carballo por Paradela. Presenta unha lonxitude de 1.250 metros e unha anchura media superior aos cinco metros nos que se mellorará tanto a plataforma de rodadura dos vehículos como a drenaxe da estrada para reforzar a seguridade.
O orzamento do proxecto ascende a 65.434,08 euros, dos cales a Xunta de Galicia achegará 53.961 euros. O Concello asumirá a parte restante con fondos propios municipais.

comentarios