Luns. 28.09.2020
El tiempo

QPC abre as súas fronteiras á Laracha e cubre xa as 5 comarcas da Costa da Morte

O Concello da Laracha, xa en QPC
O Concello da Laracha, xa en QPC
QPC abre as súas fronteiras á Laracha e cubre xa as 5 comarcas da Costa da Morte

Quedábanos A Laracha. Dende que QPC nacía en 2012 cubrindo apenas 9 concellos, o crecemento ordinario do diario permitiu ir abrindo fiestras a concellos das comarcas de Bergantiños, Muros ou Terra de Xallas. Quedábanos por cubrir o Concello da Laracha para completar así o ciclo das 5 comarcas que na maioría dos estamentos se contabilizan como Costa da Morte (Fisterra, Soneira, Bergantiños, Carnota-Muros, e Terra de Xallas).

Sendo conscientes das diferencias socio-económicas que hai entre un concello como Carballo, un como Mazaricos e outro como Fisterra, cremos sinceiramente que as 5 comarcas reflicten todos os valores da bisbarra. Certo é que hai moita xente que considera que calquera concello que pertenza á Costa da Morte ten que ter por definición franxa de litoral bravo, ou ten que sufrir unha realidade demográfica e económica pobre e vella. Pero neste caso, as realidades tanto de Caión, como do resto do concello bergantiñán poden mirarse ao espello do resto da comarca.

Así o demostra Caión, sito en moitos mapas históricos no marco da Costa da Morte. Ou así o consideran entes como o Xeodestino Costa da Morte, os Grupos de Acción Costeira (GALP) ou os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR),

Deste xeito, consideramos que pechamos un ciclo, que pechamos as fronteiras QPC.

comentarios