Sábado. 28.03.2020
El tiempo

A rehabilitación do Centro de Saúde da Laracha, perfecto exemplo de construción en madeira

A rehabilitación do Centro de Saúde da Laracha, perfecto exemplo de construción en madeira

Tivo lugar este pasado xoves un acto organizado pola Axencia Galega de Industria Forestal coa colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia. Unha cita que tivo no punto de mira, o novo edificio do Centro de Saúde e PAC da Laracha, como perfecto exemplo do emprego de madeira na construción.

Foi unha xornada técnica que permitiu visibilizar un exemplo de utilización do sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira para uso sanitario.

O acto comezaba cun encontro na Biblioteca na que as arquitectas responsables da iniciativa, do estudo Ezcurra e Ouzande Arquitectura, así como as empresas Maderas Besteiro e Yofra, explicaron os procesos de construción.

O resultado é un edificio rehabilitado cun material de orixe natural, 100% renovable, reciclable e reutilizable e cun proceso produtivo que xerase poucos residuos e de baixo consumo enerxético.

comentarios