Martes. 11.05.2021
El tiempo

O sector da beleza reitera na Laracha a importancia de visibilizar a súa función social

Jesús Vázquez, Asunción Catoira e Irina Salgado co alcalde da Laracha, López Varela
O sector da beleza reitera na Laracha a importancia de visibilizar a súa función social

Tras pasar por Carballo, as representantes do sector da beleza e das perruquerías visitaron tamén o Concello da Laracha. Asunción Catoira -presidenta de ECIPA (Asociación Estilistas Coruñeses)-, Irina Salgado -coordinadora da Plataforma Peluqueros Unidos de España- e Jesús Vázquez como representante do sector no concello da Laracha, reuníronse co alcalde José Manuel López Varela para explicar a súa situación, e solicitar o seu apoio para dar visibilidade á función social que realizan.

Tamén explicaron o momento de incerteza que vive o sector ao estar excluído de gran parte das convocatorias de axudas públicas e reivindicaron a necesidade de consideralos un servizo esencial para poder volver aplicarlles o IVE reducido do 10% (actualmente está no 21%).

López Varela trasladoulles o seu apoio en nome da Corporación municipal e, ao considerar xustas as súas demandas, comprometeuse a secundar as accións que con esas finalidades leve a cabo o sector.

Novas relacionadas

comentarios