Venres. 19.04.2024
El tiempo

Atopan sen vida un home na Laracha que saíra traballar no campo

Atopan sen vida un home na Laracha que saíra traballar no campo
Este pasado luns, un veciño do lugar de Loureiro, en Erboedo, A Laracha, saíra traballar ao campo co seu tractor. Eran xa ás 21:30h cando a familia contactou co 112, pois non sabían nada del. Saíran buscalo polo monte, e aos poucos minutos avisaban de que fora localizada sen vida preto do seu tractor. 
 
A necesidade de aclarar as circunstancias da morte, levaron a intervir aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e, por suposto, dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para facer un recoñecemento que permitise entender as causas do falecemento. Son varias as hipóteses que se barallan, como un ataque de avespas velutinas pois tiña varias picaduras, pero cómpre esperar á autopsia para esclarecer as causas da morte.

Comentarios