Martes. 02.06.2020
El tiempo

Vintecinco nenos participaron no obradoiro infantil de entroido da Laracha

Así estiveron os rapaces no obradoiro infantil de entroido da Laracha.
Así estiveron os rapaces no obradoiro infantil de entroido da Laracha.
Vintecinco nenos participaron no obradoiro infantil de entroido da Laracha

Na mañá de onte, luns 24, desenvolveuse o obradoiro infantil de Entroido que organizou o Concello da Laracha para ofrecerlle unha alternativa de ocio aos nenos e facilitar a conciliación laboral e familiar dos seus pais nesta xornada festiva nos centros de ensino.

Desde as 11:00 e ata as 13:00 horas vinte e cinco rapaces, baixo a dirección de tres monitores especializados, realizaron as súas propias caretas, pintaron as caras e realizaron xogos de animación no baixo da biblioteca municipal da Laracha.

A inscrición foi gratuíta para os participantes.

Concurso de disfraces

O punto e final á programación municipal de Entroido porase hoxe mesmo, festivo local na Laracha, co concurso de disfraces. O certame será a partir das 18:30 horas, no descanso da actuación da Orquestra Trébol que amenizará a verbena desde as 17:00 horas na Praza do Concello.

Repartiranse máis de tres mil euros en premios entre todas as categorías (individual, parellas, grupos e comparsas). A última oportunidade para inscribirse será mañá en horario de 16:00 a 17:00 horas na Casa do Concello.

comentarios