Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os voluntari@s da Laracha apoian ao Centro de Saúde durante a campaña de vacinación da gripe

Os voluntari@s da Laracha apoian ao Centro de Saúde durante a campaña de vacinación da gripe

Máis importante que nunca é a campaña da gripe neste 2020. E por iso, os participantes no programa de voluntariado xuvenil da Laracha, queren poñer o seu grao de area. Os mozos e mozas, menores de 30 anos, están a realizar, supervisados por técnicos especializados, labores de apoio en actividades de interese xeral para a cidadanía larachesa relacionas cos ámbitos social, educativo, deportivo, cultural, medioambiental, promoción do benestar das persoas maiores e a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Esta semana estiveron xunto membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a diario no centro médico para coordinar o acceso ás instalacións das persoas que acudan a vacinarse, controlando o cumprimento das medidas de prevención ante a Covid-19 (aforo, distanciamento interpersoal, hixiene das mans, uso de máscaras, etc.).

Precisamente para favorecer a comodidade das persoas que deben agardar no exterior do centro de saúde para ser atendidas –cumprindo, así, co aforo máximo no interior do edificio-, o Concello instalou unha carpa na entrada principal onde os usuarios poden resgardarse da choiva.

Comentarios