Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Xa están en marcha a mellora do pavimento en catro estradas da parroquia de Vilaño

2020.03.02.- Obras estradas Vilaño
O proxecto está valorado en preto de 77.000 euros.
Xa están en marcha a mellora do pavimento en catro estradas da parroquia de Vilaño

O Concello da Laracha está a executar unha actuación de mellora da rede viaria na parroquia de Vilaño, renovando a superficie de rodadura para facilitar as comunicacións e aumentar a seguridade viaria.

Trátase dun proxecto que inclúe catro actuacións diferenciadas nas estradas Vista Alegre-A Barreira, A Barreira-A Ribela, A Areosa-Amboade e tamén no camiño da Areosa que dá acceso ao lavadoiro. En total estase intervindo nunha distancia lineal de dous quilómetros e medio.

A actuación está valorada en preto de 77.000 euros.

Comentarios