Domingo. 01.11.2020
El tiempo

A Xunta de Seguridade da Laracha recoñece os baixos índices de criminalidade e homenaxea a Tino Gago

A Xunta de Seguridade da Laracha recoñece os baixos índices de criminalidade e homenaxea a Tino Gago
Celebrouse este mércores a Xunta de Seguridade do Concello da Laracha. Unha sesión na que se repasando os datos de criminalidade do concello bergantiñán, da que se pode extraer a conclusión de que “A Laracha é un Concello seguro”. Oíndice de criminalidade en 2019 (21,59 delitos por cada mil habitantes) é sensiblemente inferior á media provincial (31). Ademais, a previsión para o ano actual é que ese índice caia na Laracha por debaixo dos 17 debido, en gran parte, ao descenso de delitos rexistrado durante o confinamento (22% no Concello), que tamén mellora notablemente á media estatal durante ese período (13% menos no conxunto de España).

Ademais, en 2019 na Laracha incrementouse nun 12% os casos esclarecidos e triplicouse o número de persoas detidas.

Baixas

O alcalde deixou constancia da súa preocupación polo número de baixas que presenta o cuartel da Garda Civil da Laracha e expresou a necesidade de cubrilas na súa totalidade e mesmo de ampliar o número de prazas vinculadas ao posto.

Violencia de xénero

Ademais, avaliouse o traballo desenvolvido pola Policía Local no seguimento de casos de violencia de xénero despois de que en xullo do ano pasado se acordase a súa incorporación ao sistema VIOGEN.

Recoñecemento

Tino o Xefe de brigadas submarinas da Garda Civil

Por último, acordouse entre todos os presentes realizar un recoñecemento a Celestino Gago, o xefe do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil polo rescate dun neno na praia de Caión que fixo o pasado mes de xuño estando nese momento fóra de servizo.

A reunión estivo presidida polo alcalde, José Manuel López Varela, en presencia da subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; a xefa da unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno –María Isabel Álvarez-, a vicesecretaria da Delegación do Goberno –Eva Vázquez-, o tenente coronel da Comandancia da Garda Civil da Coruña –Fernando Pedreira-, o cabo primeiro e comandante do posto da Garda Civil da Laracha –Sergio García-, o xefe da Policía Autonómica na Coruña –Antonio Nieto-, o xefe da Policía Local da Laracha –Víctor Vilanova- e a directora do Centro de Información ás Mulleres da Laracha –Ana Aldao-.

Novas relacionadas

comentarios