Sábado. 20.04.2024
El tiempo

160 apoios da comunidade científica contra o cianuro na mina de Corcoesto

160 apoios da comunidade científica contra o cianuro na mina de Corcoesto
Alt text for the image, e.g. “The Mona Lisa”

Continúan chegando apoios ao movemento contrario á mina de Corcoesto. Durante as dúas últimas semanas a Sociedade Galega de Historia Natural e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños desenvolveron unha exitosa campaña entre o profesorado e a comunidade científica de Universidades e OPIs (Organismos Públicos de Investigación) para recabar apoios á petición de que se prohiban en Galicia as tecnoloxías mineiras que empregan cianuro, sumándose así á “Declaración de Berlín” e a resolución do Parlamento Europeo.

A petición recolleu 160 apoios da comunidade científica e universitaria, procedentes de 67 Departamentos pertencentes á 7 universidades e 9 OPIs. O texto da petición, acompañado da listaxe de asinantes, enviouse hoxe 8 de outubro por rexistro ao Presidente da Xunta de Galicia.

O obxectivo desta petición é evitar os gravísimos riscos medioambientais e para a saúde das persoas no caso de que se implementasen estas tecnoloxías nas explotacións auríferas proxectadas en Galicia, das que a máis adiantada é a mega explotación mineira de ouro a ceo aberto en Corcoesto (Cabana de Bergantiños) na que se pretenden empregar milleiros de toneladas de cianuro no proceso de extracción do ouro (ata 128 kg de cianuro por cada kilo de ouro).

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa da Plataforma en Defensa de Corcoesto.

Comentarios