Venres. 29.03.2024
El tiempo

5 concellos da comarca participan na campaña do #DíadoLibro "Libros para sermos libres"

5 concellos da comarca participan na campaña do #DíadoLibro "Libros para sermos libres"
Libros para sermos libres-Deputacion Coruna O vindeiro 23 de abril, é o Día do Libro, e moitas bibliotecas da comarca o queren celebrar da man da actividade que artella a Deputación. Acampaña "Libros para sermos libres" consistirá na liberación (reparto gratuito á veciñanza) de libros desde as Bibliotecas. Na comarca participan as bibliotecas de Cabana, Carnota, Cee, Muxía e Zas, con actos o propio día 23 nos seguintes horarios:
  • CABANA: Casa da Cultura pola mañá. Biblioteca pola tarde.
  • CARNOTA: Praza de San Gregorio. Hora de 11:00 a 13:00. En caso de choiva na Casa do Concello
  • CEE: Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán". Hora 18:30
  • MUXÍA: Biblioteca Municipal Santiago Rey. Hora 12:00
  • ZAS: Centro Sociocultural de Zas. Hora de 10:00 a 14:00

Novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca Francisco Mayán de Cee.

Comentarios