Venres. 29.03.2024
El tiempo

5 concellos e unha entidade reciben 183.000 para a mellora da sinalización e accesibilidade de puntos turísticos

5 concellos e unha entidade reciben 183.000 para a mellora da sinalización e accesibilidade de puntos turísticos
Mirador de Louredo en Carnota As axudas servirán para levar a cabo o Acondicionamento e mellora do miradoiro de Louredo, en Carnota

A semana pasada era a Deputación a que anunciaba a nova sinalización de 5 tesouros patrimoniais da bisbarra. Esta semana, a Xunta, que proometera en verán nova sinalización para o Camiño Fisterra-Muxía, dá conta das novas axudas a Concellos e entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

Concretamente na Costa da Morte son 5 os concellos e unha entidade as que se repartirán máis de 183.000€:

Concello beneficiario Descrición da actuación Achega
Concello de CabanaMellora da accesibilidade ao Castro de Borneiro‐fase II37.500,00 €
Concello de CamariñasAccesibilidade e sinalización de recursos turísticos do concello de Camariñas 11.838,73
Concello de Carnota Acondicionamento e mellora do miradoiro de Louredo 44.864,89
Concello de DumbríaAdecuación de aseos adaptados para persoas con diversidade funcional 39.153,31 €
Concello de PontecesoMellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos do concello 50.000,00 €
Agrupación de concellos de Lousame‐Muros‐Noia‐Outes‐Porto do SonPlan de sinalización de recursos turísticos comúns do xeodestino Ría de Muros‐Noia: ruta de sendeirismo da Ría de Muros‐Noia 40.080,00

En concreto, as axudas para accesibilidade contemplan a construción, ampliación ou mellora de aparcadoiros para o acceso aos recursos; a creación das infraestruturas necesarias para o acceso; a construción de pasarelas, ramplas, aparellos elevadores e eliminación de barreiras arquitectónicas, e a construción ou adecuación de aseos adaptados para persoas con diversidade funcional. Respecto á sinalización, as achegas inclúen nova sinalización en estradas; paneis interpretativos, tanto tradicionais, como aqueles que incorporen novas tecnoloxías; ferramentas tecnolóxicas, como aplicacións para teléfonos intelixentes, códigos QR, tecnoloxía NFC e audioguías; colocación de postes e outros elementos consonte os criterios de homologación de sendeiros e os específicos dos centros BTT; e retirada de sinalización obsoleta, redundante ou deteriorada.

Novas relacionadas

Comentarios