Venres. 29.03.2024
El tiempo

7 puntos claves das eleccións xerais do #20D

7 puntos claves das eleccións xerais do #20D
Eleccions Xerais-Autonomicas-Municipais na Costa da Morte 1 Comparación entre os resultados das Eleccións Xerais, Autonómicas e Municipais na Costa da Morte   Mentras que o bipartidismo desapareciu do mapa político estatal, na Costa da Morte seguen dominando o PP e o PSOE aínda que con menos forza que nas pasadas eleccións xerais do 2011. As outras novidades que deixaron os comicios do domingo na bisbarra foi a forte irrupción de En Marea que se consiguiu situar como a terceira forza política moi por riba dos nacionalistas que baixaron ata o quinto posto. A continuación repasamos os puntos clave que deixou o 20D na comarca.   O PP perdeu votos en todos os municipios e deixou de ser a forza máis votada en Camariñas, Dumbría e Corcubión O PP perdeu votos en todos os municipios e deixou de ser a forza máis votada en Camariñas, Dumbría e Corcubión 1. A clara derrota do PP ainda que presume de ser a forza máis votada nas eleccións do 20D. Na Costa da Morte os populares perderon case 15.000 votos con respecto ás anteriores eleccións do 2011. A principal diferenza entre estas dúas últimas eleccións radica na baixada de votos que rexistrou o partido popular e na entrada de dúas novas cores políticas no mapa da Costa da Morte. Como se observa no mapa, en 2011 a principal forza política en todos os concellos foi o PP. Nas eleccións do pasado domingo, Camariñas e Dumbría pásanse á cor vermella dos socialistas e sorprende Corcubión onde En Marea foi a forza máis votada. Eduardo Parga, alcalde de Malpica polo partido popular asegura se deron varios factores para chegar a esta situación. Por un lado, está a forte entrada de dous novos partidos políticos - Podemos e Ciudadanos - e, por outra, a baixada do censo que, no caso de Malpica, foi de case 300 persoas. Nembargantes, Parga afirma que “ainda que os resultados son mellorables, o pobo de Malpica respondeu ben nestes comicios”. Nas eleccións municipais, os nacioanalistas obtiveron maioría absoluta en Carballo, Vimianzo, Mazaricos e Zas Nas eleccións municipais, os nacioanalistas obtiveron maioría absoluta en Carballo, Vimianzo, Mazaricos e Zas 2. A baixada do BNG. Nas eleccións municipais do pasado mes de maio, os nacionalistas acadaron maioría absoluta en catro concellos da Costa da Morte - Carballo, Vimianzo, Zas e Mazaricos -. Con respecto ás eleccións xerais do 2011 os nacionalistas perderon na bisbarra máis da metade dos votos mentras que nos comicios do pasado domingo Nós, candidatura galega se situou como a quinta forza política da Costa da Morte. “Estas eleccións xerais demostraron, con datos, que nas municipais os electores votan ao candidato independentemente das súas siglas”, asegura José Luís Louzán, comunicador e analista político. Precisamente, o alcalde nacionalista de Mazaricos, Xoan Blanco, afirma que “o proxecto NÓS non chegou aos vecinos e veciñas porque non se soubo transmitir correctamente o programa, polo que o primerio que hai que facer é unha autocrítica sen culpar a ninguén e ver porque as mesmas siglas responderon ben a nivel municipal”. 3. A perda de votos socialistas. Mentras que no conxunto galego o PSOE se situou como a terceira forza política, na Costa da Morte obtivo o segundo posto nestes comicios. Ademais desta hai outras dúas lecturas unha negativa e outra positiva. A negativa é que perderon votos con respecto ás eleccións xerais do 2011, máis de 2000 votos menos. E a lectura positiva é que os partido sociliasta foi a forza máis votada en dous municipios da bisbarra: Dumbría e Camariñas. Algo similiar aconteceu nas eleccións autonómicas do 2012, onde Dumbría foi o único concello da Costa da Morte no que o PSOE foi a forza máis votada. 4. A forza de En Marea que acadou 14103 votos na Costa da Morte e incluso foi a formación máis votada en Corcubión, unha vila nacionalista e que nesta ocasión apoiou a coalición de partidos de esquerdas situándoa como a primeria forza máis votada. Estes datos contrastan aínda máis coa escasa campaña electoral que fixeron os partidos afíns a Podemos na Costa da Morte. “Moitos dos votantes entenden que as Mareas están formadas por xente válida que fan propostas dentro da lóxica e isto reflictirase, previsiblemente, nas vindeiras eleccións autonómicas”, asegura Louzán. Segundo o comunicador estes resultados tamén contrastan coa “escasa” campaña electoral que En Marea fixo na Costa da Morte polo que, segundo indica Louzán, os electores votan aos partidos cos que se sinten máis identificados independentemente de se hai un representante da comarca ou non. 5. Ciudadanos como cuarta forza política na Costa da Morte, incluso un posto por riba do BNG acadando un total de 5238 votos na bisbarra. “Que o PP gañase na maioría dos municipios da bisbarra non é un dato tan relevante tendo en conta que non hai outra alternativa á dereita xa que Ciudadanos non callou na comunidade galega debido á falta dunha proposta concreta”, asegura Louzán. 5. A diferenza entre as eleccións municipais e as xerais. Unha das principais análisis que deixan as eleccións do 20D na Costa da Morte é o cambio de cores que hai na mapa con respecto ás eleccións municipais do pasado mes de maio. Segundo indica Eduardo Parga, “nas eleccións municipais os vecinos e veciñas miden a súa cercanía co candidato e tamén a xestión do día a día durante os anteriores catro anos”. 6. Primeira vez na historia que os españois non saben quen será o presidente do goberno despois da xornada electoral. Agora ábrese un novo período no que pode pasar de todo: pactos de esquerdas, pactos de dereitas, goberno en minoría,... ou incluso repetir as eleccións. 7. Datas clave. A próxima data clave é o 13 de xaneiro, día no que os deputados elexidos se reunirán para xurar o seu cargo e elixir o presidente do Congreso. A partir dese día comeza o proceso para elixir o presidente do Goberno que será antes de que remate xaneiro. Despois das reunións entre os partidos políticos e o rei, faranse ata dúas votacións. No caso de que non haxa acordo os partidos teñen dous meses para poñerse de acordo automáticamente ou para convocar eleccións, que de ser así celebraríanse na primavera do 2016. A situación política que se vive hoxe non estado español é histórica. “Por primeira vez todos os votos que se emitiron onte, incluso os que recibiron os partidos con menor peso, teñen importancia”, asegura Louzán que se mostra expectativo ante as vindeiras eleccións autonómicas que se celebrarán no 2016.

Novas relacionadas

Máis novas electorais

O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015

Fonte

Comentarios