Luns. 20.05.2019
El tiempo

A Casa dos Veciños de Nantón terá unha nova explanada como campo da festa

Casa dos Vecinos de Nantón
Casa dos Vecinos de Nantón
A Casa dos Veciños de Nantón terá unha nova explanada como campo da festa

O Plan Único da Deputación permitirá realizar segunda fase das obras de mellora do entorno do da Casa dos Veciños de Nantón. A Antigua casa do cura, contará cunha explanada polivalente que permita o seu uso como zona de campo da festa. Un espazo que recorda ás tradicionais “hortas do cura”, que servirá para actividades lúdicas e culturais cun pavemento de zahorra e de adoquín de granito con céspede. Non faltará a mellora do aparcadoiro, moi necesario debido á cercanía do cemiterio lindante.

Ademais crearase unha nova área de esparcemento e zonas axardinadas con árbores frutais autóctonos nunha parcela cedida polo arzobispado ao Concello e sen uso na actualidade. Tamén se levará a cabo a rehabilitación de diversos elementos arquitectónicos da zona coma o muro de mampostería, o palomar e o pozo artesán que suministraba auga á reitoral existente na zona.

A Deputación financia con 81.000 euros a obra, que acaba de saír a licitación. O Plan Único permitirá realizar 5 obras en Cabana, por un montante total de 732.022 euros.

Comentarios