Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A comunidade educativa conmemora o día da non violencia e da paz

A comunidade educativa conmemora o día da non violencia e da paz
ceip-ramon-artaza No CEIP Ramón de Artaza de Muros celebran a Semana da Convivencia Coincidindo coa conmemoración do día escolar da non violencia e da paz - que ten lugar hoxe, 30 de xaneiro - son varias as entidades da Costa da Morte as que organizan diferentes actividades ao redor desta data. Unha delas é o CEIP Ramón de Artaza de Muros que durante toda esta semana celebra a Semana da Convivencia. Como en anos pasados, a semana estará chea de actividades (que xa comezaron onte) relacionadas coa paz e a convivencia co obxectivo de desenvolver entre o alumnado valores como a solidariedade ou a igualdade e traballando aspectos como a empatía ou a educación emocional. Haberá charlas informativas, exposicións e contacontos adaptados a cada ciclo e tamén están programadas outras actividades conxuntas de todo o centro, como a lectura de manifestos pola Paz e a interpretación da canción escollida este ano “Querido Mundo” que cantarán e signara  en lingua de signos toda a comunidade educativa simultaneamente. Tamén elaborarán un mural coas mandalas da Paz, faranse lecturas relacionadas co tema e terám as xornadas de convivencia cos nenos/as dos outros centros escolares do concello onde se farán xincanas por equipos mesturando ao alumnado dos diferentes centros na procura de que se coñezan e divirtan xuntos. Xogos e actividades dirixidas a mellorar a convivencia. Durante este curso académico, o CEIP Ramón de Artaza tamén poñerá valor o traballo que o muradán Francisco Dubert leva xa décadas realizando en Totora-K (Bolivia), financiado case en exclusivo polas xentes de Muros, sobre todo a través da Peña Celtista Pepa a Loba. Con isto, preténdese que os rapaces/as se acheguen a outros mundos e que comproben como se pode colaborar efectivamente a mellorar outras realidades. Cabana de Bergantiños Tamén en Cabana conmomorán hoxe o día escolar da non violencia e da paz. Serán ao redor duns cen alumnos e alumnas dos CPI As Revoltas, do CRA Os Remuíños e do 1º cilco de primaria os que se concentren durante toda a mañá no auditorio de Cabana para realizar distintos talleres relacionados co libro "O libro da paz".   Fonte

Comentarios