Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte bótase a andar

A Costa da Morte bótase a andar
Distintas organizacions ofrecen roteiros durante a vindeira fin de semana Distintas organizacions ofrecen roteiros durante a vindeira fin de semana Os amantes do senderismo están de noraboa. Cada vez son máis as entidades que organizan rutas de sendeirismo que alimentan a alma do camiñante e que poñen en valor a riqueza paisaxística e cultural da Costa da Morte. Son varias as entidades as que ofrecen unha variada oferta de roteiros para todos os públicos durante a próxima fin de semana.
  • Roteiro Meigha Lirea, en Cee
Este sábado, 30 de abril, desenvolverase unha ruta por Cee incluida dentro do programa "Andainas Coñece a Costa da Morte 2016". O roteiro Meigha Lirea consta dun percorrido de 10,85 quilómetros que está previsto completar en algo máis de tres horas - coa parada de avituallamento incluída -. O punto de saída (ás 10 horas) e de chegada será na Ponte Vella situado fronte á igrexa de Santo Estevo de Lires. O prazo de inscrición nesta andaina remataás 13:30 horas de hoxe e poderase realizar na oficina do Servizo de Deportes - 2º andar concello de Cee -, no teléfono 981745100 - ext. nº 3 -ou ben no correo electrónico [email protected]. Os interesados poden descagar o trakc desta ruta circular aquí.
  • Camiño dos Faros Inclusivo, en Camelle
Despois da experiencia da primeira etapa do Camiño dos Faros Inclusivo, este sábado celebraráse en Camelle unha nova edición deste roteiro xunto coa pre-etapa. Este proxecto inclusivo está organizado pola Ferederación de ANPAS da Costa da Morte e no que participan membros da asociación Íntegro, Un Paso Máis, Aspronaga e Aloumiños. Neste roteiro, os participantes terán a oportunidade de coñecer en profundidade a historia de Camelle e os seus naufraxios. A cita comeza ás 17 horas no mirador de Lobeiras, en Arou para desprazarse ata a praia. Dende alí partiráse cara o museo de Man onde haberá unha charla histórica sobre a vila. Despois de repoñer forzas, as Traskiband ofrecerá un concerto que comeza ás 22 horas.
  • 4ª Etapa Camiño dos Faros. De Laxe a Arou
Este domingo, 1 de maio, os tran@os percorreran o camiño ao carón do mar que discorre entre Laxe e Arou. A ruta, de 17,7 quilómetros de lonxitude, comenza en Laxe coa visita ao porto e á igrexa de Santa María da Atalaya. Dende alí, os participantes dirixiranse ao faro pola ruta da Ínsua.  Xa moi próximo ao faro, os trasn@s atoparanse coa furna da Espuma e coa praia dos Cristais. Dende alí partiran ata o Peñón de Soesto. Os camiñantes farán aquí unha parada antes de percorrer a punta de Catasol e a praia de Arnado que os conducirá á praia e á lagoa de Traba. Dende alí comeza un camiño formado, na súa meirande parte, por coídos de diferentes tamaños que forman unha paisaxe única ata chegar a Sabadelle, un antigo porto de baleas que pertence ao concello de Vimianzo. Este será o lugar que os dirixa ata Camelle.
  • Ruta das Mámoas, en Cabana de Bergantiños
Dentro do programa Primavera en Marcha de Senda Nova, este domingo día 1 de maio, terá lugar a ruta das Mámoas que discorre polo concello de Cabana de Bergantiños. O roteiro, de 16 quilómetros aproximadamente, é de dificultade media-baixa. Os interesados en participar ainda poden anotarse no 696.155.232 ou no enderezo electrónico [email protected]   Novas relacionadas Fonte

Comentarios