Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte empeza 2017 con 1414 persoas menos que en 2015

A Costa da Morte empeza 2017 con 1414 persoas menos que en 2015

Os datos do Padrón actualizados a 1 de xaneiro de 2016, publicados a pasada semana, confirmaron que os 18 concellos QPC que conforman a Costa da Morte contan con 1414 persoas menos en 2015, supoñendo ademais unha perda de 17.119 habitantes nos últimos 15 anos. Datos que demostran a grave crise poboacional da bisbarra, fomentada polo envellecemento crónico e a emigración laboral.

Un dos peores datos é a perda do nivel dos 5.000 por parte de Muxía (4.941 fronte aos 5.025 habitantes do ano anterior) que suporá a baixada de 2 concelleiros nas vindeiras eleccións municipais.
Así mesmo hai outro grupo de localidades que se atopan ao bordo de facelo se continúan coa actual tendencia de descenso poboacional situándose arredor dos 5.500 habitantes. Camariñas (5.486), Malpica (5.616) e Ponteceso (5.703) son os posibles afectados.

En clave positiva, Dumbría é o único concello que gañou poboación en 2015 pasando de 3077 en 2015 a 3085.

Facendo un balance entre, 2001 e 2016, se ben nos últimos anos perden lixeiramente poboación, os núcleos de Carballo Carballo e Cee medraron en 2.759 e 311 habitantes respectivamente.

Datos da poboación total dos 18 Concellos QPC da Costa da Morte

2016201520142001
122.862124.276125.833139.981
 

Datos de poboación concello a concello

   

Estudios relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios