Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Deputación axuda con case 200.000€ aos Concellos da zona para as Escolas de Música e a contratación de persoal para Museos

A Deputación axuda con case 200.000€ aos Concellos da zona para as Escolas de Música e a contratación de persoal para Museos
Arquivo-Vidal-no-Museo-do-Mar-de-Laxe O Museo do Mar de Laxe está volvendo a revivir e contará cunha importante axuda para a contratación de persoal A Deputación presentaba onte aos técnicos municipais dúa sliñas de axudas. Unha encamiñada ao mantemento de conservatorios e escolas de música e danza municipais durante o 2018. E a outra destinada á contratación de persoal para museos e centros de interpretación.

Escolas de Música

A listaxe de concellos que recibirán subvencións para o mantemento dos conservatorios e escolas de música e danza municipais (FO207) son:
CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS 9.000
CONCELLO DE CARBALLO 19.000
CONCELLO DE CARNOTA 10.000
CONCELLO DE CEE 9.500
CONCELLO DE MUROS 9.000

Persoal técnico en museos e centros de interpretación

Entre a listaxe de entidades beneficiarias da liña de axudas da Deputación para a contratación de , na Comarca da Costa da Morte atopamos centros como: Museo Man de Camelle (13.502 €) , Museo do Encaixe de Camariñas (14.466 €), Museo de Bergantiños de Carballo (12.944 €), Museo de Carnota (7.114 €), Centro de Interpretación e Rutas Monte Pindo de Dumbría (7.007 €), Museo da Pesca de Fisterra (6.745 €), Museo do Mar de Laxe (9.199 €), Museo de Malpica de Bergantiños (8.000 €), Museo do Voluntariado de Muxía (5.029 €), Museo de Ponteceso (10.000 €), Museo de Vimianzo (13.573 €) Ruta Pazos Barrocos de Zas (5.267 €).

Fonte

Comentarios