Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Deputación da Coruña inviste máis de 660.000 euros na reconstrucción da ponte sobre o río Anllóns

A Deputación da Coruña inviste máis de 660.000 euros na reconstrucción da ponte sobre o río Anllóns
ponte-rio-anllons O proxecto contempla a mellora viaira da ponte O Boletín Oficial da Provincia - BOP - publica onte que o vindeiro 9 de novembro terá lugar o levantamento de actas previo á ocupación dos terreos afectados polo proxecto de reconstrucción e ampliación da ponte da estrada provincial DP 1405 sobre o río Anllóns, que conecta os concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Este proxecto suporá un investimento de 667.824 euros, financiado pola Deputación da Coruña. As obras consistirán na demolición practicamente completa da actual ponte - que conta cun único vano de 19 metros - unha plataforma moi estreita e un deterioro considerable nas zonas de apoio dos estribos, e a súa posterior reconstrución, aumentando o ancho da calzada e a sección hidraúlica de desaugadoiro. Seguridade vial Segundo indican dende a Deputación da Coruña, a nova ponte contará con dous vanos de 14 e 22 metros e pasará dunha calzada de 6 metros de ancho - que se estreita ata só 3 metros nas zonas de viaducto -a unha plataforma de 10 metros de ancho en todo o traxecto, conformada por dous carrís de circulación de tres metros, beiravías de 0,50 metros e beirarrúa de 1 metro en ambas marxes do vial e un petril metálico de medio metro, o que contribuirá a mellorar notablemente as condicións de seguridade do tráfico rodado e dos peóns que circulen por este punto.O proxecto inclúe a instalación de nova sinalización vertical e horizontal. O deputado responsable da área de Vía e Obras da Deputación - José Manuel Pequeño -destacou as obras permitirán “eliminar un punto negro de tráfico, debido ao estreitamento da estrada que non permite a circulación de dous coches simultaneamente” e que, ao mesmo tempo, contribuirá a “dar unha solución definitiva” aos problemas de fisuras e gretas que se producen periodicamente na estrutura. Fonte  

Comentarios